Esta a meto seguro.
Os sonense desplazaronse ata a difícil pista do Santiago Apostol de Naron aínda que non descoñecida para o seu adestrador debido a que creceu alí. O dato emotivo do encontro foi que ambos adestradores tiñan sido compañeiros de equipo durante moitos anos . Na grada algúns dos compañeiros daqueles anos que presenciaron o encontro e recordaron grandes logros nesa pista.
Pois eu de máis lonxe.
Entrando xa en materia.
Os adestradores Juan Filgueiras e David Suarez contaban con todos os seus rapaces agás Martin Calo.
Os adestradores antes do encontro advertían da dureza que o rival iba a amosar cun xogo con moito ritmo , defensa a toda pista e contrataques rápidos.
Os sonenses eran coñecedores que a súa debilidade era ser peores físicamente e teriano que equilibrar xogando un baloncesto con moitos pases e buscando situacións de ventaxa no 1 contra 1.
No inicio do encontro o Naron marchábase cun 16_8 pero pouco a pouco os sonenses foron mellorando sobre todo o seu nivel defensivo e conseguían chegar ao descanso con 7 puntos de ventaxa.
No terceiro periodo o Baloncesto Naron volveu a empatar o encontro e chegabase aos ultimos 10 minutos co electrónico a 41 iguais.
A calma no xogo e o bo facer colectivo levou aos sonenses a traer a victoria a casa por un 51_61.
O público desprazado dende o Son disfrutarou dun encontro moi emocionante.
De quen é o balón?
No proximo fin de semana os sonenses viaxan a lugo para medirse ao Estuduantes de Lugo. Noutra saída sen dubida dificilísima.
XOGARON: Noel, Fran, Niguel, Isma,Andrés, Victor, Adrián,Abel,Isaac,Henok e Martin Ogando.