mércores, 13 de setembro de 2017

A xornada das previas

Empezou a a tempada oficial cos partidos da previa a Liga Galega e volven as crónicas. Pero ao igual que os equipos CBPS, esta semana vai un pouco reguleira, que o equipo de cronistas ten que axustar cousas.
Imos aló cos partidos, contados polos seus protagonistas.

INFANTIL FEMININO
C.B. ARXIL -  PESCADOS BORMAR CBPS 69 - 50
Por coach Mozan

Magnificas sensacións as que deixaron as nosas xogadoras do Pescados Bormar CBPS no seu primeiro partido da tempada en Pontevedra, fronte a un clásico do baloncesto galego como é o Arxil.
As nosas xogadoras xogaron en todo momento de ti a ti a un rival que físicamente nos exixía xugar a  gran velocidade nasnosas transicións defensivas e con unha gran rapidez nas nosas accións de ataque, debida a súa boa defensa a todo campo.

Algún que outro contraataque moi ben realizado e boas accións de un contra un de diferentes xogadoras mantivéronnos no partido e no marcador en todo momento.
Consecuencia de todo elo, chegamos ao descanso cunha diferenza de cinco puntos en contra, mais iso si, con xogadoras chamadas a estar moitos minutos no campo cargadas de faltas persoais.
Foi durante el terceiro cuarto onde o Arxil dominou máis claramente o partido ey fraguou  unha vantaxe de 14 puntos ao final do mesmo.
Durante o cuarto final, e tras tres boas defensas que deron outros tantos contraataques, as chicas do Pescados Bormar CBPS  recortaron a diferenza no marcador hasta os 8 puntos a falta de 5 minutos para o remate do partido.

Pero tres acciones moi meritorias e moi ben executadas permitiron ao rival volver a coller unha vantaxe de 19 puntos cos que rematou o encontro.

Resumindo; mois atisfeitos co xogo e atitude do equipo neste primeiro partido, así como coa participación de todas as jugadoras do equipo convocadas.
A semana que vén, máis e mellor.

Xogaron polo Pescados Bormar CBPS; Mariña, Valeria, Martina, Noa, Cayetana, María, Andrea, Carla e Sabela.


INFANTIL MASCULINO
PACO'S MODA CBPS - SIGALTEC VILAGARCÍA 36 -86
Polo Coach Mozan

Derrota contundente do equipo infantil Paco's Moda CBPS, fronte a un equipo de Vilagarcía que dominou todas as facetas do xogo durante os 40 minutos de partido.

Malia unha boa salida pola nosa parte, erros á hora de anotar algunha canastra doada e os numerosos tiros libres fallados foron penalizándonos tanto no marcador como no estado de ánimo do equipo e permitiron ao rival ir adquirindo vantaxes no marcador cada vez maiores. Aínda así chegouse ao descanso con 12 puntos baixo que deron a ilusión de que podía haber partido.

Pero a volta do vestuario foi un querer e non poder pola nosa parte fronte a un rival que causou unha moi boa impresión en Portosín, ao tratarse dun equipo bastante homoxéneo e compensado na práctica totalidade dos seus xogadores.

Xa rematando o partido, e co marcador máis que resolto, o noso equipo do Paco's Moda CBPS conseguiu encadenar un par de contraataques que finalizaron con canastra, o que axudou a sumar algúns puntos máis que merecidos polo esforzo físico que tiveron que realizar durante os 40 minutos de xogo antea un rival superior.

Toca aprender dos erros cometidos e empezar xa a pensar nesta semana de entrenamentos para seguir progresando e medrando individual e colectivamente.

Xogaron por parte do Paco's Moda CBPS; Isma, Noel, Víctor, Henok, Manu, Miguel, Lois, Raúl, Borja, Samu e Martín. 

XUVENIL MASCULINO
XUVEN CAMBADOS - FISIOTERAPIA CINESIA CBPS
Polo coach Juan Filgueiras 

Derrota no primeiro encontro da fase previa do Fisioterapia Cinesia CBPS na súa visita á cancha do Xuven Cambados.

No partido diferenciamos dúas partes ben diferentes ata o descanso e despois.
na primeira parte, o equipo sonense deu a cara e só as canastras doadas non convertidas e algunha perda por imprecisión facían que os visitantes fosen aos vestiarios cunha desvantaxe de 16 puntos.

Trala pausa, as posibilidades de vitoria dos sonenses tiña que pasar por subir a súa defensa, facerse grandes nos rebotes e xogar balóns interiores onde eran claramente superiores.
Pero unha serie de perdas ao inicio do terceiro cuarto fixo que a vantaxe medrase ata os 25 puntos. 
 
Unha tímida reacción do Fisioterapia Cinesia CBPS foi curtada de raíz polo equipo de Cambados que anotou con facilidade dende a liña de 3 para marcar as diferencias finais.
 
A próxima semana o equipo viaxará a O Grove para intentar mellorar a imaxe e reflectir sobre a cancha os bós adestramentos que están levando a cabo.
 
Os nosos rapaces chegaron a Cambados so coa baixa de Toño, xogaron: Adrián, Ianis, Castelao, David, Iván, Fernan, Asier, Javi, Alfonso e Iago.