martes, 23 de maio de 2017

Outro pasiño cara o ascenso.O domingo ás 19:00 toca volver a Trapa.

Gran victoria do Pacos Moda CBPS que se coloca lider en solitario na fase de ascenso a primeira division.

O Pacos Moda venceu por 64-55 a un gran C.B. Culleredo.

Cun pavillón de Portosín cheo por completo onde a deportividade entre ambas aficións foi todo un exemplo de deportividade.

O partido comezou igualado no marcador con dous equipos aos que lles gusta corre o contrataque e moito ritmo no xogo.

No segundo periodo os locais marchábanse de 5 puntos pero as prisas por querer coller mais ventaxa volveuse na súa contra e chegaban os erros e malas decisións.
O equipo de culleredo remontaba e chegaba ao descanso con 7 puntos de ventaxa.


Tras o paso polo descanso os locais apretaron máis en defensa e pouco a pouco remontaban ata coller a máxima de 12 puntos 
Ao final a ventaxa de 9 puntos para os nosos .
Destacar o bo encontro dos dous equipos a deportividade dos xogadores  e os aficionados.
O próximo domingo 28 ás 19:00 horas recibiremos ao Narón en Portosín polo que pedimos de novo o apoio da afició para partido a partido intentar conseguir algo histórico no noso club.


Xogaron. Noel, , Abel, , Adrian, Martin , Calo, , Victor, Miguel, Henok, Fran, Isaac, Andres e Isma.